No desenvolvemento desta primeira revisión do traballo levado a cabo os socios centraronse de maneira principal nos seguintes aspectos:
Compartíronse e solventáronse dúbidas sobre os traballos en curso.
Revisaronse os cumprimentos co cronograma previsto.
Marcáronse os seguintes pasos a seguir por cada socio.
Con este proxecto preténdese modernizar a agricultura da vide mediante ou aumento da cooperación e o intercambio de coñecementos entre os actores do proxecto, baixo o emprego de renovables e chegar ao consumidor final da man da redución de pegada en produto de calidade diferenciada.
A implementación de proxectos solares na viticultura con DO en Galicia é un paso importante cara a un cultivo máis sostible e unha contribución activa á protección do medioambiente por parte deste sector coa adopción de prácticas responsables que combinan a produción de viño de calidade cun menor impacto ambiental.
O proxecto SOST4VID lévase a cabo dentro das axudas para a execución de proxectos innovadores dos grupos operativos da AEI; e está cofinanciado polo FEADER, no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027.