SOST4VID

AGROFOTOVOLTAICA

O PRESIDENTE DE ASAGA FRANCISCO BELLO ACUDE A ESTACIÓN EVEGA PARA MANTER UNHA REUNIÓN DE POSTA EN MARCHA DO PROXECTO REUNIÓN DO PROXECTO SOST4VID.

O proxecto consite na posta en marcha de acción de «Agrofotovoltaica para a redución da pegada de carbono na viticultura heroica e convencional», no que a Estación EVEGA participa coma centro tecnolóxico e por unha experiencia derivada de sela primeira Estación enolóxica de España en calcular, rexistar, diminuir e compensa-la súa pegada de carbono.

O Presidente de Asaga Francisco Bello, explicou nesta reunión cales eran as liñas mestras para a implementación de proxectos solares na viticultura con DO en Galicia contribuindo activamente á protección do medioambiente por parte do sector coa adopción de prácticas responsables que combinan a produción de viño de calidade cun menor impacto ambiental.

O proxecto SOST4VID lévase a cabo dentro das axudas para a execución de proxectos innovadores dos grupos operativos da AEI; e está cofinanciado polo FEADER, no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027.